22 de Febreiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Actividades do Comité lila arredor do San Valentín

10-02-17

Ribadeo 10-2-17. O Comité Lila do IES Dionisio Gamallo Fierros organizou unhas actividades moi especiais
para celebrar o 14 de febreiro. A cantora galega María Xosé Silvar (SES) desprazarase ata o
instituto o día 17 de febreiro para ter un encontro co alumnado de 3º e 4º de ESO. Impartirá para
estes cursos unha charla (desde as 12.30 ata as 14.00) centrada no amor romántico: a media laranxa,
a exclusividade nas parellas, os celos, a paixón eterna. Tamén se tratarán temas como:
.Importancia de construír una identidades sen complexos
(lingüística,cultural,sexual,..) para valorarnos e liberarnos de prexuízos.
.Os falsos mitos de beleza.
.A importancia do feminismo na sociedade.
Estes e outros aspectos serán tratados con máis profundidade por SES nunha xornada
formativa que se desenvolvará en sesión de tarde no instituto e dirixida exclusivamente para as
persoas integrantes do Comité Lila.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive