21 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alfredo Llano presentaralles aos concellos a proposta que unha empresa lle fixo chegar á mancomunidade para cubrir a ruta en autobús entre Ribadeo e Viveiro, unha vez que Arriva deixe de prestar este servizo

16-02-17

A Mariña, 16 de febreiro de 2017. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, presentaralles aos Concellos a proposta que unha empresa lle fixo chegar para cubrir a ruta en autobús entre Ribadeo e Viveiro, unha vez que Arriva deixe de prestar este servizo dentro duns meses.

Llano dixo que “non estamos excesivamente preocupados pola supresión da liña Ferrol-Ribadeo, que nestes momentos está a realizar Arriva. Hai xa algunha empresa da zona interesada en facer esa ruta e en incrementar os horarios co obxectivo de que moitos veciños da comarca poidan utilizar ese medio de transporte para desprazarse pola zona, para ir traballar, para ir de compras, para ir ao hospital…”.

Para o presidente da Mancomunidade “está claro que sen esa liña de autobús A Mariña non pode quedar. Si outra empresa se encarga de facer esa ruta cun amplo abanico de horarios o servizo podería ser mais interesante tanto para os usuarios como para a firma de transporte en cuestión. Si esa proposta lles parece interesante aos Concellos da Mancomunidade reclamariámola despois na Xunta de Galicia. O que temos claro é que a comarca non pode perder servizos, senón que se deben mellorar os que hai”.

Alfredo Llano aludiu á xuntanza sobre o transporte que este mediodía se celebrou en Lugo: “polo que me conta a miña compañeira Patricia Otero, concelleira en Burela, foi un encontro informativo no que a Xunta nos pediu aos Concellos da Mariña que lles fagamos chegar as enquisas remitidas no seu día para coñecer as propostas e necesidades que consideremos sobre a ruta Ribadeo-Ferrol. A administración autonómica elaborará un anteproxecto do novo plan de transporte público, que exporá ao público para que os Concellos presenten as alegacións que poidan crer oportunas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive