25 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Balseiro sinala que o IES de Festá a alcanzar proxección “como berce dos baristas en España”

16-02-17

160217 Campionato de baristasFoz, 16 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe que o IES de Foz tense convertido “nun referente como berce dos baristas en España”, grazas á proxección que está a alcanzar cos certames que organiza en torno á materia.

O delegado territorial e o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal Rodríguez, participaron hoxe na entrega de premios do X Concurso Internacional de baristas, que se celebra estes días no centro educativo e no que participan “os mellores baristas profesionais do momento e a alumnos brillantes que son o futuro da profesión”, segundo afirmou Balseiro.

Ademais, o centro celebrou tamén onte o V Campionato internacional de cata de cafés de escolas de hostalería. O éxito destas iniciativas, asegurou Balseiro, “axuda a promover o talento que se forma neste centro”, e supón “un estímulo para os estudantes, unha satisfacción para o instituto e atreveríame a dicir que un orgullo para Foz”.

O delegado gabou o labor que está a realizar “o equipo directivo, os docentes e toda a comunidade educativa do IES de Foz, que co seu esforzo está ganando prestixio para o centro e atraendo miradas sobre os profesionais que nel se forman”.

Ao respecto, subliñou que o centro é un exemplo “do talento, a creatividade e inquedanza” que se pode atopar na Formación Profesional galega. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, engadiu, “aposta por unha FP de calidade, innovadora e de futuro, que se axuste aos intereses dos alumnos e ás expectativas das empresas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive