25 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Burela acolle a celebración dun curso de acreditación do esforzo de integración, dixirido a persoas inmigrantes

16-02-17

Burela, 16 de febreiro de 2017. A Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello organiza un Curso de Acreditación do Esforzo de Integración. Deu comezo o onte, mércores, e rematará o 22 de febreiro.

A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez Sánchez, salienta que “o Programa de Inmigrantes do noso Concello organiza este cursiño formativo para axudar a alcanzar un bo grado de integración. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo”.

A edil socialista subliña que “unha novidade introducida no novo regulamento de estranxeiría é a dos informes previstos na Lei Orgánica, a través dos cales poden participar as administracións locais e autonómicas. Os informes de integración poden ser válidos para renovacións das autorizacións, avaliándose especialmente o esforzo de integración da persoa estranxeira que debe acreditar a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais e estatutarios de España, dos valores da Unión Europea, así como dos dereitos humanos, das liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e a igualdade entre homes e mulleres”.

O curso ten unha duración de 24 horas e está a ser impartido entre os días 15 e 22 deste mes de febreiro no Concello de Burela.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive