23 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo anima a asistir mañá á festa da Candelaria de Rúa, aprazada polo temporal

16-02-17

160217 Festas Candelaria aprazadasCervo, 16 de febreiro de 2017.- O Concello de Cervo anima a todo o mundo a asistir mañá á parroquia de Rúa, que acollerá as Festas da Candelaria, suspedidas parcialmente no seu día, a consecuencia do forte temporal que afectou a Galicia o pasado 4 e o 5 de febreiro, cando estaba prevista unha boa parte da celebración.

Neste senso, tiveron que cancelarse as actuacións programadas o sábado á noite e o domingo.
A cita será a partir das dez da noite, e a verbena correrá a cargo das orquestras Suavecito –que tivo que deixar de tocar o sábado á noite forzada polas inclemencias meteorolóxicas- e Los Player´s.
Haberá unha carpa cuberta totalmente pechada e con calefacción.

Neste senso, dende o Concello de Cervo, a edil de Turismo, Dolores García, quixo agradecer “o esforzo e traballo que dun xeito altruista realiza sempre a comisión de festas, que nesta ocasión tivo que ver, como, por razóns de forza maior, o seu traballo quedou en certo modo lastrado, pero grazas ao esforzo conxunto e ao seu tesón, Rúa terá unhas festas completas, como merece”.
.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive