17 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Viveiro lamenta o despropósito na selección do persoal para a piscina municipal

10-02-17

En Viveiro a 10 de febreiro de 2017. Cando en novembro do 2015 o Pleno do Concello de Viveiro aprobaba a municipalización da piscina, o noso grupo votaba en contra, e non porque non nos parecese a fórmula máis axeitada, senón porque solicitábamos datos que avalasen a conveniencia da xestión directa ou indirecta – que a xestionase unha empresa -. Como queira que non se nos deron tales datos comparativos, e dado que nos últimos catro anos prácticamente xa fora unha xestión directa que trouxo como consecuencia a disolución da empresa municipal que a xestionaba e un déficit de 300.000 euros que tiveron que pagar todos os veciños de Viveiro, foi a razón pola que nos opuxemos xa que nos parecía unha decisión precipitada e pouco meditada, ó non entrar a valorar outras alternativas que poderían facela máis viable. O certo é que un ano e pico despois a xestión directa dexa moito que desexar, a pesares dos esforzos sobrehumáns por parte dos traballadores da piscina, quen se sinten abandoados a súa sorte debido ó pouco caso que se lles presta as súas demandas por parte da sra. Alcaldesa e o seu equipo de goberno, o que se traduce en longas xornadas laborais destes traballadores – o non cubrir as baixas que se producen – e que non poidan realizar todos os servicios ofertados nas mellores condicións posibles.

Si falamos das bases de contratación para a selección do persoal o asunto é aínda moito peor. No pleno de decembro de 2015 onde se trataba de explicar como se elaboraran, o noso grupo manifestaba que eran unhas bases sorprendentes e notablemente mellorables, onde os principios de igualdade, mérito e capacidade quedaban en entredito, xa que o seu nivel de esixencia para algúns postos era irrisorio, así para ser monitor deportivo bastaba o graduado e para ser socorrista chegaba o graduado en ESO. Decíamos todo esto, porque comparadas con outras bases elaboradas pola Diputación para a selección do persoal da piscina de Chantada, en ambos casos, se esixian titulacións moi superiores. Isto levabanos a manifestar que se trataban dun “traxe a medida” para posiblemente satisfacer algún compromiso electoral da nosa Alcaldesa e mesmo nos facía dubidar de que supostamente fosen elaboradas pola propia Diputación.
Neste mesmo pleno algún integrantes doutras forzas políticas chegaban a cuestionar a idoneidade dos que ian a xulgar este proceso e vistos os resultados finais non andaban moi desencamiñados.
Así un ano despois daquela selección asisitimos perplexos a que o actual técnico de xestión non poderá continuar no posto porque hai outra persoa ,que mediante denuncia xudicial e posterior sentencia, acredita ter máis méritos co actual para ocupar ese posto, co que no momento en que isto sexa firme o actual terá que deixalo e como consecuencia desta adxudicación “errónea” reclamará danos e perxuicios ó Concello.

Logo dun ano, contemplamos como dos 16 aspirantes puntuados para 2 plazas de monitor deportivo e monitor de sala –socorrista, e despois de que un afectado o reclamase vía xudicial, 14 estaban mal puntuados coa conseguinte alteración na orde das listas, así alguén que ía de número un nunha lista fai un ano, agora pasa a ser o número catro.

Como se pode contemplar un autentico despropósito e máis cando os membros do tribunal admiten que se equivocaron na suma das puntuacións porque había moitos aspirantes. O noso grupo todo isto nos parece un esperpento, eso si, degraciadamente un esperpento no que se xoga coa vida das persoas participantes no proceso e no que pouco parece importar que o persoal elexido sexa o máis apto para ofrecer un servizo de calidade ós usuarios da piscina municipal de Viveiro.

Dende o PP de Viveiro pensamos que a sra. Alcaldesa terá que empezar por dar unha explicación de todo o acontecido e logo asumir as responsabilidades que disto se deriven, xa que tal e como nos comentan varios dos aspirantes que se presentaron ás outras once plazas ofertadas – eran 13 en total – xa están pensando en reclamar as súas puntuacións vía xudicial, porque visto o visto da a impresión de que aquí había “gato encerrado” e non vaia a ser que tamén as deles estén mal puntuadas.

Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive