23 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O presidente da Confederación de Empresarios de Madrid, Juan Pablo Lázaro, definiu a Mondoñedo como un lugar “para crear empresa, instalarse e vender”

10-02-17

Madrid (2)Mondoñedo, 10 de febreiro de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, fai un balance moi positivo da reunión que onte mantivo no Club Financiero Génova, na capital de España, onde presentou as posibilidade que o municipio ofrece para investir. A rexedora puido ademais manter un coloquio que serviu como punto de encontro para empresas e emprendedores da capital. En concreto, o Club Financeiro Génova aglutina a preto de 1.000 socios da elite empresarial, tanto nacional como internacional.

Así, Candia pon en valor a importancia do coloquio que se estendeu durante dúas horas logo da presentación inicial e onde os asistentes, empresarios e emprendedores, intercambiaron interesantes achegas sobre o informe.

Unha difusión superior ás 1.000 persoas

A alcaldesa destaca os compromiso adquiridos polo propio clube para a divulgación do documento de presentación do informe ‘Mondoñedo, un municipio para investir’, así como a inclusión na vindeira newsletter que difunden semanalmente e na súa revista trimestral, o que permitirá unha difusión superior ás 1.000 persoas.

Presenzas destacadas

Valora de xeito especial a presenza de Julio Lage González, presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, quen se comprometeu tamén coa divulgación entre os seus asociados, así como da Rede de asociacións empresariais polo mundo. Tamén agradece a presenza de Juan Pablo Lázaro, presidente da Confederación de Empresarios de Madrid, encargado de clausurar o acto.

Trátase dun dos maiores expertos en loxística a nivel mundial. Elena Cancia agradece de forma especial as súas palabras nas que definiu a Mondoñedo como un lugar “para crear empresa, instalarse e vender”.
Posibilidades do Concello

A iniciativa enmárcase dentro do plan que elaborou o Goberno local para presentar Mondoñedo como un municipio para investir, de maneira que a reunión cos empresarios serviu para expor “de forma clara e concreta” todas as posibilidades de negocio que ofrece o Concello. Busca, engade a rexedora, dous obxectivos fundamentais. Por un lado, fixar poboación na zona rural e, en segundo lugar, crear postos de traballo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive