22 de Febreiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSdeG-PSOE celebra unha xuntanza en Foz para analizar a situación do partido, e reivindicar melloras na comarca

10-02-17

Foz (Lugo), 10 de febreiro de 2017.- A sede da Agrupación Socialista de Foz acolleu onte (xoves) unha xuntanza de traballo dentro da folla de ruta que a Xestora Provincial ten programado por toda a provincia, para analizar a situación actual do partido, e tamén coordinar e informar da actuación socialista nas diferentes institucións, como son o Congreso dos Deputados, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación Provincial.

Nesta reunión, participaron o Presidente da Xestora Lucense, Luis Angel Lago Lage, o senador lucense, Ricardo Varela, a deputada, Margarita Pérez Herraiz, os deputado autonómicos, Luís Álvarez, e José Antonio Quiroga; e o deputado provincial, Eduardo Vidal; así como concelleiros e voceiros e militantes das agrupacións de Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, e Valadouro.

Na xuntanza avanzouse sobre asuntos de actualidade que afectan a toda a Comarca como a moción que se presentará en todos os Concellos para reclamar un Real Decreto onde se regule a plantación da pataca nas zonas delimitadas pola praga; a situación das listas de espera no Hospital da Costa, así como os problemas da súa ampliación; e o novo decreto da Xunta para os propietarios de vivendas que queiran destinalas a uso turístico.

Neste encontro tamén se evidenciaron deficiencias sanitarias e educativas na Comarca. Ademais os deputados explicaron as emendas que o Partido Socialista defendeu no Pleno sobre o Proxecto de Lei de orzamentos. Sobre asuntos orgánicos, emprazouse a toda a militancia a participar activamente en todos os procesos que o PSOE ten nas vindeiras datas.

Próximas reunións
Esta é a cuarta xuntanza que realiza a xestora provincial, a primeira foi en Viveiro, despois en Monforte e en Vilalba,. As seguintes convocatorias que a Xestora ten programado pola provincia son; o xoves día 16 en Sarria; e o 23 na Fonsagrada. No mes de marzo serán o día 2 de en Ribadeo; o dia 9 de marzo en Chantada, e por último do día 16 de marzo en Lugo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive