25 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O secretario xeral de CxG, Xoán Carlos Piñeiro, rexistra unha petición de adopción de medidas contra a couza da pataca na Deputación

13-02-17

A/A Sr. Presidente da Deputación de Lugo
R/ San Marcos n°8
27001 Lugo

Juan Carlos Piñeiro Docampo con D.N.I. 33997608-C, como Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, de nacionalidade española, con domicilio a efectos de notificación o indicado no membrete. Como veciño de Burela,

EXPÓN:

A Couza Guatemalteca(Tecia Solanivora) estase a converter nun grave problema para o noso País e moi concretamente para a Comarca da Mariña desta provincia. A lentitude das distintas administracións implicadas na solución do problema non fai se non que provocar que a situación sexa máis complicada, creando incertidume e alarma social. Non pode escapar á acción política que a pataca é un cultivo tradicional na nosa Terra que ten, ademáis, unha importante función de axuda á economía das familias, e asi unha parte importante da pataca cultivada na Mariña é destinada a autoconsumo. As recentes novas sobre a posibilidade da prohibición de cultivo durante dous anos ven a ser unha nova lousa enriba da economía das familias, xa de por si moi feble pola crise.

A Constitución Española no artigo 29, apartado1 di: “todos os españois terán o dereito de petición individual e colectiva por escrito, na forma e cos efectos que determine a lei”. A Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, desenvolve o dereito de Petición e a Lei 19/2013, de 9 de diciembre, desenvolve a transparencia, acceso a información pública bo goberno.

É por iso polo que como veciño de Burela e como Secretario Xeral do partido político COMPROMISO POR GALICIA,

SOLICITO:
•Que a Diputación de Lugo artelle as medidas necesarias, dentro da súas competencias, para o control e erradicación da Couza Guatemalteca.
.
•Que o goberno provincial, que vostede preside, presente no pleno unha modificación de crédito para crear unha partida adicada a paliar a perda de poder adquisitivo dos residentes na zona que se aplique a corentena, mediante axudas directas á adquisición de pataca de consumo que necesariamente sexa de orixe galega.

•Que a Diputación de Lugo estableza unha liña de colaboración coa Escola Politénica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (EPS-USC) e pertencente ao Campus de Lugo para desenvolver un proxecto de investigación ca fin da erradicación da praga na Mariña Luguesa

Burela, 13 de febreiro de 2017,

Asdo. Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE COMPROMISO por GALICIA

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive