22 de Febreiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas amosan a súa inmensa satisfacción pola absolución da Alcaldesa de Viveiro e os seus compañeiros de Goberno, sobre a licenza de ampliación da fábrica de Vestas

10-02-17

Lugo, 10 de febreiro de 2017.- O Presidente da Xestora Socialista Lucense, Luis Angel Lago Lage amosou este venres a súa inmensa satisfacción e o de todos os socialistas lucenses, tras coñecer a sentencia que absolve a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro e aos seus compañeiros da Comisión de Goberno, sobre a concesión da licenza de ampliación da fabrica de Vestas.

Lago Lage felicitou persoalmente á rexedora, e remarcou que “o Partido Socialista sempre estivo con ela, apoiándoa, e a todos os compañeiros da corporación de Viveiro”:

O Presidente da Xestora Socialista criticou que “xa van sendo moitos os casos de socialistas na provincia de Lugo que sofren e están sufrindo procesos xudiciais longos e tortuosos, que despois de anos quedan en nada”, e advirte, “que estes casos fixeron un dano persoal, familiar e político moitas veces irreparable”. E preguntouse “neste caso, e nos anteriores quen repara o dano persoal, familiar e político causado de xeito inxusto e inxustificado?”.

“Dende o PSOE demandamos unha vez máis aos órganos de control e dirección do Poder Xudicial rapidez e seriedade nas instrucións xudiciais para que poña as medidas necesarias de control e inspección, co fin evitar casos como o da Rexedora de Viveiro e os compañeiros de corporación”, dixo Lago Lage. Ademais lembrou que hai outros compañeiros que no seu día tamén sufriron acusacións infundadas que levaron a penas mediáticas e sociais inmerecidas, “e non queremos que se volvan a repetir nesta provincia”.

Por último esixiu “celeridade e profesionalidade nas investigacións que nestes intres seguen abertas en relación a outros compañeiros socialistas desta provincia, aos que están privando da súa actividade política e sofren a diario as consecuencias de longas investigacións e infundadas acusacións”, concluíu.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive