Burela, 16 de febreiro de 2017. O concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández Rey, e o alcalde, Alfredo Llano, mantiveron esta mañá unha xuntanza co fondista burelés Simón González Río, que o vindeiro 26 de febreiro participará na maratón de Tokio. O Concello estuda as fórmulas para colaborar de xeito económico con Simón González a cambio da promoción turística que realizará de Burela tanto nacional como internacionalmente nas probas ás que acuda.
No día de hoxe a Concellería de Deportes do Concello mantivo unha xuntanza co fondista burelés Simón González Rio. O edil Ramiro Fernández Rey contou que “como xa é sabido por todos, Simón é un atleta que practica o atletismo na súa modalidade de maratón, e dende o Concello quixemos manter unha xuntanza con él para desexarlle éxito na súa participación no próximo maratón de Tokio, que vai ser o seu próximo reto. Este atleta xa participou en diferentes probas desta modalidade como foi en Nova York, Chicago e Berlín, cunhas marcas espectaculares o que fai que nos sintamos tremendamente orgullosos del e que se faga merecedor do noso apoio como Concello”.
O concelleiro de Deportes explicou que “a proba en Tokio vai celebrarse o vindeiro 26 de febreiro ás 9:00 horas de Tokio e pola diferencia horaria sería aquí en España a madrugada do 25 ao 26 de febreiro á unha da noite. Dende o Concello imos estudar si tecnicamente podería ser posible a emisión da carreira por medio da pantalla que se instalou na praza do Concello para que os seguidores de Simón poidan ver a carreira en directo na propia praza do Concello”.
Ramiro Fernández Rey engadiu que “tamén queremos anunciar que dende a Delegación de Turismo se están a buscar fórmulas para poder axudar a Simón nos seus desprazamentos a cambio da promoción turística que poderá facer do pobo mediante un soporte publicitario na roupa que usa nas súas carreiras e a promoción turística de Burela nas seus viaxe. Entendemos que é unha moi boa maneira de promocionar o noso pobo nacional e internacionalmente tendo en conta a predisposición que o propio Simón ten de axudar na promoción do seu pobo”.
O edil de Deportes e de Turismo dixo: “dende o Concello queremos desexarlle a Simón que cumpra os seus obxectivos en Tokio, xa que estamos moi orgullosos de que o nome de Burela se vincule con persoas que practican deporte, e máis con atletas da talla de Simón que non deixa de sorprendernos coas marcas que é capaz de facer nas probas que disputa”.