19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Tres focenses resultaron premiados na fase provincial do certame de poesía de nadal

16-02-17

Foz, 16 de febreiro de 2017. Tres alumn@s focenses resultaron premiados na fase provincial do certame de poesía de Nadal.

Joaquín Carrera Fernández, de 6 anos de idade, logrou o primeiro premio na Categoría A; Adriana Fernández Geada, de 11 anos, obtivo un accésit na Categoría B; e Lucía Rodríguez Lanza, de 12 anos, conseguiu un accésit na Categoría C.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, dixo que é “unha boa nova” e anunciou que a entrega dos premios será o vindeiro xoves, día 23 de febreiro, ás 18:00 horas na Biblioteca Provincial de Lugo, que está na Rúa Ramón Ferreiro da capital lucense.

Silvia Blach felicita a “todos os premiados e aos seus colexios pola participación e especial dedicación e motivación neste tipo de concursos organizados pola Biblioteca Pública Municipal de Foz. Son traballos que espertan a capacidade creativa e a aprendizaxe da linguaxe e que enriquecen a formación integral dos escolares. Parabéns a todos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive