20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Villares reuniuse cos apicultores para avaliar a incidencia da velutina nas súas colmeas e definir a folla de ruta para os vindeiros meses

10-02-17

090217 Reunión apicultoresCervo, 9 de febrerio de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e concelleiro delegado de Medio Rural, Plácido Pérez, mantiveron esta tarde un encontro cos apicultores de municipio, para coñecer, de primeria man, a incidencia da vespa velutina nas súas colmeas e comezar a traballar nas liñas de actuación de cara aos vindeiros meses.

Na xuntanza, puxeron en común os acertos e tamén as imprecisións das campañas que, dende o Concello, se veñen desenvolvendo nos últimos anos, dirixidas a minimizar o dano que a presenza da velutina está a provocar nas colmeas dos veciños.

Villares sinalou que “nos últimos catro anos, o Concello retirou case 500 niños, 288 deles no ano 2015; sen embargo no 2016 retiramos 66 niños, un descenso notable que agardamos que tamén percibiran os apicultores”.

Nesta liña, os asistentes constataron que as actuacións que se levaron a cabo nos últimos meses foron positivas, xa que, en liñas xerais, percibiron unha cantidade moito menor de velutinas, que en anos anteriores.

Villares sinalou “que nun primeiro momento e de xeito coordinado, valorouse comezar a traballar dende xa, nesta primavera, na instalación de trampas para capturar ás raíñas”
Dende o Concello, así mesmo, “vamos a estudar posibles liñas de axuda para colaborar cos nosos apicultores na loita contra esta especie invasora”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive