26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Daniel Vega destaca o traballo de Cáritas en Ribadeo, que o pasado ano atendeu a máis de 1.400 persoas e 150 familias

09-03-17

Santiago, 9 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega destacou hoxe o traballo que realiza Cáritas en favor dos máis desfavorecidos de Ribadeo, atendendo só durante o pasado ano a máis de 1.400 persoas e 150 familias deste concello da Mariña lucense.

Daniel Vega, en compañía do portavoz do PP en Ribadeo, Jesús López Penabad, e o concelleiro Juan Estévez, reuníronse esta mañá coa directiva de Cáritas nesta localidade, encabezada polo presidente desta entidade, o párroco Jacinto Pedrosa, e a directora Lourdes Prada.

ROUPEIRO E SERVIZO DE ALIMENTOS

Durante o encontro, Vega salientou “o traballo que desenvolve día a día os voluntarios de Cáritas en Ribadeo, en colaboración tanto coa Cruz Vermella como co departamento de Servizos Sociais do Concello”.

Neste sentido, fixo referencia ao roupeiro que dispón Cáritas para atender ás necesidades dos máis desfavorecidos, así como o servizo de alimentos mensual, “que se poñen a disposición das familias e das persoas a título persoal e totalmente confidencial”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive