13 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Directivas da Fundación Norteamericana International Solidarity for Human Rights visitarán Mondoñedo o vindeiro xoves, 16 de marzo

13-03-17

Mondoñedo, 12 de marzo de 2017.- Directivas da Fundación norteamericana internacional ISHR (Solidarity for Human Rights) visitarán Mondoñedo o vindeiro xoves, 16 de marzo, invitadas pola alcaldesa da localidade, Elena Candia. Está previsto que fagan un percorrido polos edificios e zonas máis representativas e históricas da cidade, como son a Catedral e o Seminario, xunto coa súa biblioteca.

‘A Ruta dos Dereitos Humanos’
A Fundación ISHR é unha sociedade sen ánimo de lucro establecida no 2008, que promove a divulgación dos Dereitos Humanos a través da educación e das artes. A International Solidarity for Human Rights xunto a plataforma turística Where is Asturias impulsaron a iniciativa ‘A Ruta dos Dereitos Humanos’, que abarca varias accións pioneiras en Europa, dirixidas a divulgar os principios da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a través do Camiño de Santiago.

Por un lado, conscientes da relevancia adquirida polo Camiño de Santiago, no 2015 a presidenta da Fundación Elisabeth Sánchez Vegas e a directora Devorah Sasha percorreron o Camiño Primitivo, visitando colexios co obxecto de formar ao alumnado nos dereitos humanos. Xa no 2016, iniciaron de novo unha viaxe a través do Camiño Primitivo, para colocar placas representativas dos artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948, entre Oviedo e Santiago de Compostela.

Visita a Mondoñedo
Coincidindo cunha nova visita á Galicia para continuar coa colocación das placas, a alcaldesa de Mondoñedo invitou ás directivas da asociación a desprazarse ata a localidade, por onde transcorre outras da rutas do Camiño de Santiago, a do Norte, e tendo en conta que, segundo os promotores da iniciativa, o Camiño e os Dereitos comparten valores comúns como son o da solidariedade e o da unión.
Na visita mindoniense participarán a presidenta e a directora da Fundación, Elizabeth Sánchez Vega e Devorah Sasha, respectivamente, acompañadas dunha das embaixadoras e patroas da Internacional Solidarity for Human Rights, Wilma Bulkin Siegel, académica pioneira na investigación oncolóxica e do SIDA, afamada tamén no seu eido artístico dado os seus retratos realizados sobre temas sociais.
Sobre as 10:00 horas, a alcaldesa recibirá aos membros da Fundación International Solidarity for Humans Rights e de Where is Asturias na Casa do Concello. Acto seguido, visitarán a Catedral Basílica da Asunción. Xa as 11.00 horas, desprazaranse ata o Seminario de Santa Catalina, onde percorreran espazos de interese como son a Biblioteca ou mesmo claustros, auditorio, capela, entre outras localizacións deste edificio. Ao redor das 12:30 horas está previsto que as directivas tamén coñezan o Centro de Interpretación do Camiño Norte.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive