23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Fernán Vello urxe a fomento a parar o desmantelamento da liña de Feve Ferrol-A Mariña

15-03-17

Madrid, 15 de marzo de 2017. O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou no Congreso unha iniciativa para exixir ao Ministerio de Fomento que pare o desmantelamento que está a levar a cabo de antiga liña de FEVE entre Ferrolterra e A Mariña con continuación até Asturias.

“O colmo dos despropósitos viviuse hai uns días cando se cancelaron a maior parte dos servizos entre Ferrol e Ribadeo. Ficamos estupefactos ao saber que a maioría das viaxes se estaban a realizar por medio de taxis e autobuses desde a orixe até o destino, e noutras ocasiones en combinación con transbordos en diferentes tramos”. Para o deputado de En Marea esta situación é insostíbel o que lle leva a denunciar que “so queda agardar a que Fomento apreté o botón de peche desta necesaria liña ferroviaria que en Galiza pasa por comarcas de importante peso industrial e económico e que non teñen máis ferrocarril que este”.

Lembra o parlamentar de En Marea que “levamos meses trasladando a Fomento as deficiencias e carencias desta liña. Xa en xaneiro advertimos da brutal redución do investimento previsto para Galiza e Asturias para actuacións de mantemento da vía, diminuindo a partida en 10 millóns de euros e deixándoa nunha inversión ridícula para poder arranxar os problemas existentes”.

“Poñan trens do séxulo XXI”
Pois ben, enfatiza Fernán Vello, “as nosas piores sospeitas e os nosos temores cumpríronse. Fomento está a deixar que morra a antiga liña de Feve por inanición. Retiran as cativas inversión como paso intermedio para eliminar o tren por completo”.

Para En Marea, subliña, Feve non debe pecharse, nin desmantelarse, todo o contrario. Debe revitarlizarse, e potenciarse porque non existe outra rede ferroviaria que dea servizo nesta zona”. Remarca Fernán Vello que os Orzamentos do Estado son unha boa oportunidade para que cambien de dirección e propicien servizos úteis, eficaces e con parque móbil propio do século XXI”.
Razón pola que dirixe ao Ministerio unha batería de preguntas: “Está Fomento desmantelando a antiga liña de Feve en Galiza? Non cre que deixar Ferrolterra e A Mariña sen tren é un auténtico despropósito? Vai o Ministerio a revisar a súa política, cambiando as súas decisión de recortes e impulsando os necesarios investimentos? Como é posíbel que constantemente se trasladen aos viaxeiros en taxis e en autobuses debido as avarías dos trens?”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive