25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Novas reunións cos apicultores do Concello de Cervo

09-03-17

090317 reunión apicultores CervoO Concello de Cervo continúa coas reunións cos apicultores co fin de abordar a problemática da vespa velutina. Esta tarde as xuntanzas foron no salón de plenos do Concello e na Casa do Mar, en San Cibrao.
Estanse a recoller datos do número de colmeas que hai no municipio, para xeoreferencialas, e facer un estudio exhaustivo da incidencia da velutina.
O Concello fixo acopio de atraíntes para dispensar de balde aos apicultores e traballar na captura das raíñas esta primavera. Serán entregados nos vindeiros días.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive