22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG organiza en Ribadeo un acto coa presentación de “as contas que nos contan” para falar da realidade económica galega

16-03-17

A Mariña, 16 de marzo de 2017. O Bloque Nacionalista Galego organiza o vindeiro venres 17, ás 19:30, na Casa das Letras un acto denominado “Somos don@s dos nosos cartos?” no que Xosé Díaz, autor do libro “As contas que nos contan” falará sobre economía e finanzamento en Galiza.

Desde a formación nacionalista animan a acudir a esta presentación do libro no que se analiza a capacidade de Galiza para xenerar recursos e se explica a onde van parar os cartos, incluídos os aforros das persoas que se depositan nas entidades bancarias ou os impostos de empresas que producen aquí, pero tributan noutros lugares.

O ferrolán Xosé Díaz, ten realizados numerosos estudos sobre as relacións económicas entre Galiza e o Estado, tratando de evidenciar a falsidade do discurso da pobreza de Galiza e a necesidade de ser un País subsidiado por outros territorios do Estado. Os seus estudos caracterízanse por lograr evidenciar como o actual financiamento autonómico é claramente perxudicial para as galegas e galegos, impedindo o desenvolvemento de políticas propias e adaptadas ás necesidades reais do País.

Xunto con Xosé Díaz participará no acto o conselleiro delegado de Sermos Galiza, Xoán Costa, que editou a publicación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive