29 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello está a acometer traballos de mantemento na depuradora ecolóxica de Cervo

20-03-17

200317 mantemento depuradoraCervo, 20 de marzo de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, supervisaron os traballos de mantemento que se están a acometer estes días na planta depuradora ecolóxica de Cervo.

En concreto, tal e como sinalou Villares “o que se está a facer é renovar as plantas macrofitas, que son a base deste mecanismo de depuración, e repoñer ao mesmo tempo os colectores, unha actuación que supón unha inversión de máis de 6000 euros, coa que se apuntala o bo funcionamento deste servizo”.

Cabe lembrar que o Concello de Cervo foi pioneiro á hora de instalar unha planta depuradora deste tipo. De feito 2013, cando a inauguramos -engadiu Villares- “só había dúas instalacións en toda Galicia que empregaran estas plantas acuáticas para depurar augas residuais, sendo a de Cervo, con preto de 3000 metros cúbicos de capacidade, a máis grande da Comunidade”.

Esta Edar ten capacidade para dar servizo a 1.500 veciños dos núcleos de Cervo e Sargadelos, “foi concebida, así, coa idea de dar resposta e estimular o asentamento de nova poboación nestas zonas”.

Villares fixo un balance moi positivo do bo rendemento desta instalación, que require dun custe de mantemento moito menor ao dunha planta convencional, consume pouca enerxía, ao tempo que respecta o medio ambiente”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive