20 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GMP demándalle ó alcalde que se centre nos grandes retos do futuro de Burela

17-03-17

Burela, a 17 de marzo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela pediulle hoxe ó alcalde que se centre nos grandes asuntos que hai pendientes de cara ó futuro do concello, e se deixe de rescatar asuntos dos que xa ninguén fala, como por exemplo o da área sanitaria.

Para os populares, “da área sanitaria ninguén fala, nin en Burela, nin en ningún sitio. Polo tanto, vir a estas alturas da película falando da área sanitaria e de esixir non sabemos qué, decindo que se perderon servicios, non deixa de ser postureo figurinista para dar a imaxe, falsa por outra parte, de alcalde preocupado, cando resulta que nin unha sola das grandes obras recientes feitas en Burela son debidas á súa xestión, mesmo que fose mínima”.

Os edís populares afirman que “o Hospital, e polo tanto os veciños de Burela e da Mariña, non perdeu nin un só servicio desde que Núñez Feijoo é presidente da Xunta. É máis, gañounos, como por exemplo o servicio de oncoloxía ou o de hospitalización a domicilio, como mui saben os veciños, ainda que é algo que semella ignorar deliberadamente o alcalde. Quen, por certo, debería amosar máis colaboración coa Xunta e co centro hospitalario agora que as obras, a pesares do propio alcalde, son unha realidade”.
Desde o GMP consideran que “como a Xunta está cumplindo con Burela, a pesares do alcalde, tén que buscar asuntos para saír na prensa contra o goberno galego. Compre lembrar que cando se estaba facendo o acceso ó porto, el decía que as obras nunca rematarían; cando se falaba da ampliación do Hospital, el decía que era unha gran mentira do PP; cando se estaba facendo a nova gardería, el decía que non quería esa gardería e que rescindiría o convenio coa Xunta. E a realidade xa sabemos cal é. Todas esas obras se fixeron e se están facendo gracias á Xunta e a pesares do propio alcalde”.

“Por eso, conclúe o GMP, consideramos que o alcalde, mui acostumado a política festeira, de farra e de pandereta, debe deixar de perder o tempo e abordar os retos que tén Burela de cara ó futuro, que os tén, dado que as súas solucións pasan polo concello”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive