23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Ribadeo critica a subida dun 11 por cento nas taxas para os residentes no asilo municipal que propón o Alcalde

14-03-17

Ribadeo, 14 de marzo de 2017. O Partido Popular de Ribadeo critica a subida dun 11 por cento nas taxas para os residentes no asilo municipal, incremento que propón o alcalde e que se tratará nun pleno da corporación na próxima semana.

O portavoz do PP no Concello ribadense, Jesús López Penabad, explicou hoxe: “vamos ter un pleno da corporación municipal na próxima semana e hai un punto moi interesante para todos os ribadenses, sobre todo para os usuarios do hospital asilo. Proponnos o señor alcalde e o equipo de goberno subir as taxas desta residencia municipal un 11 por cento aproximadamente. Di que desde o 2009, data na que eles xa estaban gobernando, non se tocaba isto. A nós parécenos abusivo e, como sempre, dime de que presumes y te diré de que careces, pois sempre nos están recordando a boa situación económica do Concello pero resulta que agora aplican unha subida dun 11 por cento a xente que, neste caso, é a máis desfavorecida. É un hospital asilo benéfico, para iso foi creado e polo tanto neste caso van incrementar as taxas aos máis necesitados”.

Jesús López Penabad engadiu que “esa presunción de política social, de axudar ao máis desfavorecidos, brilla pola súa ausencia. Presumen de bonanza económica, pero sempre que poden fan que paguen os mesmos, subindo impostos aos cidadáns ribadenses. Isto é o BNG, este é o equipo que nos goberna neste momento. Parécenos lamentable facer esta subida tan alta dunha soa vez. Se ten que poñer ao día o IPC fágao vostede de forma paulatina, ano tras ano, pero non aplique unha subida deste nivel a esta xente que se está aí a maioría deles é porque non teñen outro sitio onde estar e a necesidade failles utilizar estas instalacións”.

O portavoz popular comentou tamén que “hai outros servizos municipais que están a dar perdas pero aí si que se esquecen de subir as taxas. Parécenos lamentable que se metan cun tema como o do Hospital Asilo dun xeito tan brusco. Con estas subidas penso que van dando pistas de como será o funcionamento da nova residencia. Eu creo que non lles queda outra saída que non sexa a de privatizala e iso fará que para entrar nunha residencia a nivel privado os gastos mensuais serán moito maiores e non alcanzables para moitos ribadenses”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive