25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSdeG-PSOE de Foz inicia una serie de “Charlas Informativas” polas parroquias do concello.

11-03-17

Foz 9-3-2017.- O PSOE inicia una serie de charlas informativas, abertas a todos os veciños e veciñas, polas parroquias do concello de Foz. Estas charlas comezarán o domingo 12 de marzo pola mañá no local social da parroquia de San Acisclo, ás 11’45h; proseguindo pola tarde, na parroquia de Cordido, ás 17’45h na escola.

Os socialistas creemos que é necesario que os nosos veciños estean ben informados de temas tan importantes coma o IBI, a residencia de anciáns, a praga da pataca, a humanización da rúa Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña a depuradora ou a municipalización da auga.
Con estas xornadas pretendemos, por un lado, valorar a acción do goberno, facilitar información e explicar as iniciativas que esta levando a cabo o noso grupo municipal e por outro, coñecer de primeira man os problemas e as necesidades que, os propios veciños do lugar, consideren mais relevantes.
As charlas prolongaranse ao longo deste mes, noutras parroquias do concello, en datas aínda sen confirmar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive