11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os nenos e nenas de 1º de primaria do CEIP Virxe do Carme coñeceron as plantas aromáticas, a través dun taller impartido polas monitoras de Gaia

09-03-17

090317 Foto taller plantas aromaticas BurelaBurela, 9 de marzo de 2017. Alumnado de 1º de primaria do Ceip Virxe do Carme, de Burela, participou no taller As miñas plantas aromáticas impartido polas monitoras do centro Gaia.
“Os nenos aprenderon a recoñecer as plantas aromáticas mais coñecidas, como lavanda, orégano, manzanilla, tomillo, romero ou menta, entre outras, e os seus usos e propiedades, xa que axudan a mellorar ou aliviar problemas de saúde ou como condimento na cociña. Posteriormente plantaron algunhas delas, que terán que coidar nas súas aulas e fixeron saquiños aromáticos, elaborados con materiais de refugallo para levar para as súas casas”, explican as monitoras de Gaia.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, subliña que “con esta actividade as monitoras pretenden inculcar o respecto e interese polo medio natural que nos rodea recoñecendo e identificando as plantas como seres vivos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive