29 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Peche do V Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro

19-03-17

O V Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro pechou o pasado sábado día 18 de marzo na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro, coa proxección do filme “Lobos sucios”, de Simón Casal, e o documental do SEVA sobre o “Mercado de Primavera de Ferreira 2016″. Estiveron presentes no acto o Director de “Lobos sucios”, Simón Casal, así como a produtora e guionista Paula Cons, que conversaron cos asistentes sobre os detalles do filme, que foi moi ben acollido entre o público.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive