Viveiro 25-3-17.
ROGOS
1. Dúas sentencias xudiciais, modificaron a resolución do tribunal que calificou a selección de persoal para a piscina municipal. Está claro que o proceso de selección foi un absoluto desastre, e causou o malestar de case a totalidade dos participantes no mesmo. Ademais, e novamente por unha pésima xestión da Alcaldía, Viveiro volve a ser noticia por chapuzas administrativas.
A recurrente mala administración das empresas municipais que leva a cabo o partido socialista dende que goberna en Viveiro. Empezando, por Turviveiro, seguindo por Aparcamentos A Mariña, para rematar coa piscina municipal, indica con claridade a falta de capacidade de xestión deste Goberno Municipal. Ademais, esta malísima xestión pública dos servicios, leva ao Partido Popular, a pedir a privatización dos mesmos.
Nós acreditamos na boa xestión pública, é por iso que rogamos ao equipo de goberno o seguinte:
1.1. Rogamos que se asuman as responsabilidades oportunas pola nefasta xestión das empresas municipais do Concello de Viveiro, e se consideran que son incapaces de facelo mellor, dimitan inmediatamente, para non chegar á privatización.
1.2. Rogamos se revise a puntuación de todas e cada unha das prazas otorgadas no proceso de selección da Piscina Municipal, a excepción das xa xulgadas.
1.3. Rogamos que os procesos de selección se realicen, a partir de agora, directamente dende o Concello de Viveiro, e non dende a Deputación Provincial.
2. En Verxeles, no encontro entre a Rúa Verxeles e a LU-540 (Esquina Raquel Seijido), a maioría dos viandantes cruzan directamente pola rúa, na que os vehículos poden circular nos dous sentidos. Consideramos preciso mellorar a seguridade dos viandantes que circulan pola beirarrúa, e por iso que rogamos a instalación dun paso de peóns.
PREGUNTAS
1. En Celeiro, na rúa Rego da Fonte, son habituais os cortes da auga. Veciñas e veciños da zona, levan tempo queixándose desta situación. ¿Cando ten pensado o goberno municipal solucionar este problema e reparar a rúa Rego da Fonte?
2. En Lodeiro, existe sinalización para convertir o zona en sentido único. Esta sinalización atópase tapada e os vehículos continúan a circular nos dous sentidos. Na zona, son constantes os problemas de circulación. Ten pensado o goberno municipal, convertir a rúa en sentido único? De ser así, cando se levaría a cabo?
3. Tamén en Lodeiro, existen zonas sen beirarrúa. Ten pensado o goberno municipal acometer as obras de reparación das beirarrúas en mal estado, así como completar os tramos que faltan?
4. Veciñas e veciños do casco histórico de Viveiro, queixanse do perigosas que son as rúas en días de choiva pola falta de limpeza e que provocan esbaróns constantes ¿Coñece o goberno municipal esta situación?¿Vaise buscar unha solución?