26 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Xa se coñecen os gañadores do VII concurso fotográfico día do pai, de Acisa, ao que se presentaron máis de 40 imaxes

20-03-17

200317 Foto Alberto Gonzalez (primeiro premio xurado)Ribadeo, 20 de marzo de 2017. Máis de 40 imaxes participaron no VII Concurso Fotográfico Día do Pai de Acisa, que se desenvolveu nas redes sociais do 3 ao 19 deste mes. E máis de 1.400 persoas votaron para elixir á mellor foto. A que reuniu máis votos en facebook, un total de 378, foi a titulada Sempre ao meu carón, de Arantxa Penedo, que recibirá 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

Na mañá deste luns reuniuse o xurado, formado por directivos de Acisa (David Martínez, presidente, e Juan Andina, vicepresidente) e por fotógrafos profesionais (Foto Miguel y ElFarero Audiovisuales) para emitir o seu veredicto. O primeiro premio, dotado con 200 euros en vales de compra de Acisa, foi para a foto Abrázame, de Alberto González Villanueva; o segundo premio foi para ¿Bailamos”, de Mª del Carmen Fernández López, que levará 150 euros en vales de compra; e o terceiro premio, que recibirá un agasallo de 100 en vales de compra, foi para Amor cómplice, de Ana Fernández Gómez.

Os afortunados recibirán os seus premios nas vindeiras horas. Desde Acisa “agradecen a participación neste curso, que chegou xa á súa sétima edición neste 2017” e subliñan que as fotografías premiadas e as presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión da asociación, co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso, tal e como aparecía recollida nas bases deste VII Concurso Fotográfico Día do Pai, organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive