27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A concellería de Cultura de Burela programa dous espectáculos musicais para nen@s durante esta fin de semana. Ambos serán gratuítos

20-04-17

Burela, 20 de abril de 2017. A Concellería de Cultura programa durante este fin de semana dous espectáculos musicais para nen@s. O sábado, día 22, o grupo Os tres tenedores presenta Petiscos Musicais, e o domingo estará Pablo Díaz coa súa banda no concerto Tic tac toc. Ambas actuacións terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.

A programación comeza o sábado, 22 de abril, con Os tres tenedores que presentan Petiscos musicais, unha mostra de diversos tipos de instrumentos, construción con materiais de refugallo, estilos musicais, ritmos diversos e fermosas cancións. A actividade enmárcase na campaña de animación á lectura da Biblioteca de Burela e para conmemorar o Día do Libro que ten lugar o domingo. Inclúese ademais no programa Ler conta moito para a dinamización da lectura nas bibliotecas integradas na rede, que leva a cabo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta.

A programación da Consellería de Cultura de Burela complétase esta fin de semana co concerto que ofrecerá o domingo, día 23, Pablo Díaz e a súa banda, e titulado Tic tac toc. Especialmente pensado para o público familiar con cativada de 0 a 12 anos, ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís cuxa temática ten que ver co mundo dos máis pequenos, e algún temas tratan de reflectir e crear recursos para as familias e educadores con temas lúdicos.

Estes concertos son case os primeiros de pop-rock-folk para a xente miúda que poderá cantar os temas máis divertidos do último traballo Tic tac toc, e o grupo tamén fará un pequeno repaso dos temas máis emblemáticos dos traballos anteriores.

O creador do traballo, Pablo Díaz, rodéase nesta ocasión dos coñecidos músicos Diego Barral á guitarra, e Alex Fente ao acordeón. A actividade inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes.

O concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, anima a “asistir a estos espectáculos muy divertidos, y muy apropiados para un público familiar que acompañe a los más pequenos. Además ambas actuaciones son totalmente gratuítas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive