27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A escola municipal de música de Burela e a concellería de cultura e educación están a organizar uns obradoiros destinados a tod@s os nenos e nenas interesados en coñecer algúns instrumentos de vento madeira, vento metal ou percusión

19-04-17

IMG_20170419_101330Ribadeo, 19 de abril de 2017. Hoxe, mércores, profesores da Escola Municipal de Música de Burela ofreceron un concerto de música nos centros de primaria da localidade. O motivo deste evento “é achegar os instrumentos aos alumnos e anunciar que se andan a organizar Obradoiros Musicais, por parte desta escola, coa colaboración da Delegación de Cultura e Educación do Concello de Burela”, segundo explica Xan Carballal.

O director da Escola de Música de Burela indicou que “estes obradoiros están dedicados a todos os nenos/as que estean interesados en coñecer os instrumentos de vento madeira, tales coma o saxo e o clarinete, ou calquera especialidade da familia de vento metal, como por exemplo trompeta, trompa, tuba, trombón, ou algún instrumento da familia de percusión como marimba, batería, etc. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, e participar dos obradoiros ofertados de balde”.

Carballal engadiu que “para inscribirse en ditos obradoiros terase que cumprimentar a folla de inscrición facilitada aos rapaces, grazas á colaboración dos directores dos centros, e entregala o día da presentación,o 26 de abril ás 17:00 horas, onde tamén se facilitarán os horarios”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive