30 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG pide que os talleres de Galicia podan certificar a Inspección Técnica de Vehículos

19-04-17

Compostela 19-4-17. Desde Compromiso por Galicia pensamos que pode ser produtivo para a economía do País que sexan os propios talleres mecánicos os que realicen as inspeccións periódicas de vehículos. Mantendo os parámetros que marca a lexislación sobre esta inspección técnica.

Consideramos que deste xeito abarataríase o servizo xa que se remataría co monopolio actual, tamén os usuarios non se verían na obriga de pagar dúas veces polo mesmo servizo, unha cando levan os seus vehículos ó taller para ser revisados antes da inspección e outra cando acoden a pasar a propia I.T.V. Podendo destinar o custe da actual ITV a melloras no propio vehículo.

Esta reforma ten que mellorar a carga de traballo dos propios talleres, que non debemos esquecer que son Pemes, xa que logo contribuiríase a crear e manter emprego de calidade.

Hoxe en día a concesión da ITV non deixa de ser un monopolio con afán recadador.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive