Celeiro, 23 de abril de 2017. Este domingo 23 tivo lugar no Porto de Meira en Moaña a final do Campionato Galego de remo no cal a ACD PENALBA-Club de remo Celeiro acadou un quinto posto en ALEVÍN MASCULINO e cuarto posto en ALEVÍN FEMININO.
Cuartos e quintos de Galicia, todo un éxito para os nosos rapaces e rapazas capitaneados por Licho, Prieto e Mariluz un gran equipo que logrou un gran resultado.
Para a tempada que ven ahí estaremos.
Dende a Directiva agradecer a PUERTO DE CELEIRO SA, á COFRADÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOLO DE CELEIRO e ao CONCELLO DE VIVEIRO a súa implicación, así como aos país e nais sin os cales esto non sería posible.