27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

FOZ : A ESPLENDIDA CORAL

16-04-17

suso-fernadezTense por certo que a música e a poesía son as mais sublimes formas de expresión dos sentimentos; a relación entre ambas é tan próxima, que a segunda represéntase por unha lira, que é instrumento musical; e dise tamén, universalmente aceptado, que a voz humana é o medio armónico por excelencia para a interpretación das dúas formas estéticas. De nengún outro xeito o individuo pode transmitir, de maneira mais persoal, íntima e persuasiva, nen con maior sentimento, a mensaxe envolta na beleza que encerra a obra poético-musical de autores e intérpretes . A música traza imaxes ideais; é compañeira na ledicia e bálsamo na dór. O canto grupal é unha das expresións xenuinas da alma dun pobo; é un dos ámbitos onde se posibilita a participación expresiva e creativa: Pitágoras afirmaba que a armonía da música templa e amansa os estados de ánimo; ou sexa, que ten influencia sobre os afectos. O coro é un instrumento colectivo; unha forma de identificación comunitaria… Esta breve divagación ven a conto por querer glosar un feito histórico no do noso pobo ,que ten que ver cos conceptos expresados: efectivamente: hai pouco mais de 25 anos, sen apenas precedentes , producíase o achegamento ó mesmo. O primeiro director do colectivo, ata o seu pasamento, fora o ribadense Antonio López García, de moi grata lembranza.

A continuidade no timón estaba garantida na persoa de Carmen Alonso Lanza. Ela, muller de sólida bagaxe cultural; ampla formación musical, dinámica e de acusada personalidade , situou a agrupación na mais alta cota da súa historia, digna de codearse coa elite coral da nosa terra, como acabamos de constatar no concerto que, con ocasión da XIV Semana da Música “Xosé Alonso” celebrouse o pasado día 8, no marco único da Basílica de San Martiño. Alí , de xeito maxistral,as 32 voces que o forman, interpretaron composicións de Beethoven, Bortnianski, Gounod e Haendel; actuación da que destacamos sobremaneira tres momentos que se correponden co “Ave María” de Tomás Luis de Victoria, “Lascia Ch ío´Pianga”, de Haendel e o remate apoteósico co fermoso poema de Manuel María,”O Carro”, armonizado por M. Angel Vigo.

A concurrencia, que enchía a igrexa, prorrumpíu en emocionada e longa ovación, premiando xustamente tan brillante actuación.

O cronista, que presenciou o fermoso espectáculo, comprácese en felicitar efusivamente a todos e cada un dos componentes, na persoa de Carmen Alonso, a directora excepcional; primeira razón de ser do extraordinario historial da espléndida Coral Polifónica de Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive