22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Foz, plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que arranxen os aparellos de ximnasia de diante da piscina, que reparen unha fochanca no camiño das Areosas e que se coloque un sinal indicativo na ponte de Mañente

11-04-17

Foz a 11 de abril de 2017. No pasado mes de marzo e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.

Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan reparar os aparellos de ximnasia de diante da piscina municipal, ou substituílos por outros.
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a arranxar unha gran fochanca que hai no camiño das Areosas en Mañente.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno ou a quen competa, procedan a volver a colocar unha sinal indicativa de dirección Foz e Viveiro que hai na ponte de Mañente saíndo cara a N-642, que está tirada hai mais de dous anos.

Preguntas mes de xuño.
1.En xaneiro de 2016 FPF levou a pleno unha moción para instar a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) a retomar e acabar o proxecto da estrada Foz-Ferreira LU-152 PKM 4, que consiste na ampliación deste enlace entre a estrada nova e antiga, con ancheamento da calzada, durante 52 metros e canalización durante 38 metros dun rego de auga, e a súa posterior reposición de pavimento e a súa sinalizacións correspondente.
Dita moción foi aprobada cos votos favorables de FPF, PSOE e BNG e coa abstención do PP.
¿Temos algunha noticia sobre esta obra?
Resposta: Xa se fixo un arranxo e que alí hai tres accesos e non se vai facer nada mais .
2.As obras da senda peonil de Forxán están paradas ¿Hai algunha razón para que se paralizaran?
Resposta: Vaise iniciar agora a obra. Só se fixo un levantamento de terras para tomar certas medicións.
3.¿Sábese algo do arranxo do problema do cruce da Ribela?
Resposta: Hoxe pintáronse as raias descontinuas que dan acceso a cruzar a vía.

FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive