Burela, 25 de abril de 2017. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, en colaboración con Sogama, realizaron onte pola mañá un xogo titulado Un partido polo Planeta na Asociación A Mariña. Segundo explicaron “a actividade levouse a cabo para conmemorar o Día da Terra (22 de abril). Hoxe participará o 2º grupo na mesma actividade”.
Desde Gaia sinalan que “a dinámica do xogo é moi sinxela. Nun taboleiro de gran tamaño reprodúcese un campo de fútbol con porterías nas que os equipos teñen que marcar o gol do medio ambiente. Os participantes superaron unha serie de probas (preguntas,adiviñas,etc) nas que tiñan que dar boa conta dos seus coñecementos en ecoloxía, e máis concretamente na xestión e tratamento do lixo, ao tempo que tiñan que demostrar outras habilidades motoras”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben dixo que “o obxectivo deste xogo é proporcionar pautas para xestionar correctamente os seus residuos”.