22 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Novas xeracións pide ao Concello de Viveiro un aparcamento para autocaravanas

18-04-17

Viveiro 18-4-17. Pedimos a este Concello crear unha zona para estos vehículos. É un perfil de turista en auxe en España, cada día crece a modalidade do viaxeiro itinerante que goza do espazo aberto e a natureza. Hai quedadas, grupos e foros. Os datos din que o consumo en hostelería e restauración é maior que nos apartamentos vacionais, cun poder adquisitivo medio/alto polo prezo de coche e mantemento. Ó longo de Galicia existen sitios con este servizo. Sería un verdadeiro punto a favor para o mercado turístico da vila, atraendo xentes do ámbito nacional e internacional que viaxan desta forma. O custe é barato e sinxelo, un simple prado señalizado e con entronque ó alcantarillado. Un servizo para todo o longo do ano e incluso poderíase cobrar algo simbólico, a vontade para ir mellorando as instalicións . Os lugar idóneo Lavandeiras en Celeiro para aportar máis vida a este núcleo, ten os servizos perfectos e está cerca de Viveiro así coma no centro de camiño ás praias.

Outros emplazamentos son As Aceñas de Xunqueira, o Cembedo ó lado do campo de fútbol ou a área etnográfica da Insua esta ubicación demasiado lonxe para a comodidade dos turistas.

Seguro é que en Viveiro cos recursos e carisma cultural e natural, esta iniciativa será un referente neste campo do autocaravanismo. Unha idea real que se pode facer efectiva, unha carta a xogar, verdadeira mostra de interés turístico en vez de tantas verbas e caramelos

A.Lage-Seara
PRESIDENTE NNXX

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive