22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo presenta unha contas en positivo cun superávit de 627.313,20 euros

20-04-17

Cervo, 20 de abril de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo esta mañá un balance dos resultados económicos do Concello de Cervo, en base á liquidación do exercicio de 2016.

O rexedor destacou que o documento foi tramitado en prazo, e incluso con máis dun mes de antelación, tendo en conta as datas fixadas pola normativa vixente.

Neste senso, o rexedor valorou positivamente as cifras porque tódalas magnitudes que recolle o documento teñen un signo positivo, “o que é mostra da boa xestión que entendemos se está a facer dende a Administración Local, que permite que podamos seguir a traballar na liña en que o vimos facendo, coa premisa de manter a estabilidade que nos posibilita seguir a materializar eses proxectos que temos en mente, actividades culturais, deportivas, sociais, investimentos…en definitiva, dar resposta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas”.

Villares desagregou os datos, puntualizando que o remanente de tesourería para gastos xerais, ascende a 2.603.912 euros. En canto ao resultado orzamentario axustado, sitúase nos 885.260 euros; mentras o indicador de estabilidade orzamentaria sitúase nos 627.313 euros, un resultado que mostra unha situación de superávit nas arcas municipais.

Pero ademais de cumprir coa estabilidade orzamentaria –engadiu Villares- “que implica que o Concello é autosuficiente, sen acudir a fontes de financiación externa, Cervo cumpre coa regra de gasto fixada pola normativa en materia de sustentabilidade financieira, cun gasto computable do exercicio de 2016 que ascende a 5.094.328 euros”.

Viilares sinalou que “esta non é unha situación puntual, senón unha tendencia positiva que o Concello leva varios anos mantendo, que permite afrontar a xestión municipal nun marco de tranquilidade económica e financeira, froito da responsabilidade e equilibrio que reflexan as contas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive