22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Mondoñedo e Augas de Galicia acordan acometer a renovación da tubaxe de abastecemento na Avenida de Bos Aires

20-04-17

Mondoñedo, 20 de abril de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo acompañada polo concelleiro de Deportes, os servizos técnicos do Concello e Augas de Galicia para abordar o proxecto de renovación da tubaxe de abastecemento na Avenida de Bos Aires.
A rexedora subliña a importancia de acometer estas obras “que pretenden evitar os problemas de abastecemento que tiña a zona de Viñas de Veiga e a parroquia de Viloalle”. Destaca que o seu Goberno ofreceu en ano e medio arranxar un problema que se viña arrastrando nos últimos anos.
Un mes para a execución dos traballos
A actuación, que conta cun orzamento de 132.766,31 euros e financiada integramente por Augas de Galicia, será acometida pola empresa adxudicataria José Saa e terá un prazo de execución dun mes desde a data de inicio dos traballos.
Elena Candia avanza que o vindeiro domingo manterá unha reunión en Viñas da Veiga cos veciños afectados, para dar conta do proxecto e do arranque das obras.

Obxecto do proxecto
O proxecto permitirá evitar episodios de desabastecemento puntual nas zonas de Marquide, Viloalle e Pedrido ao substituír a tubaxe de fibrocemento existente que subministra auga á zona da Avenida de Bos Aires e ás piscinas e ao campo de fútbol.
As obras propostas consisten na renovación da tubaxe de fibrocemento na Avenida Boa Aires nun tramo de 823 metros por tubaxe de PE DN 90, posto que a actual se atopa obsoleta e non soportaría o incremento de presión que supón a conexión co depósito de Supena. A maiores conectarase a nova tubaxe coas de abastecemento da rede de Supena e farase unha conexión entre as tubaxes instaladas na Rúa Viñas de Veiga, Rúa do Pumar e Rúa Vilalba co fin de realizar un anel en toda a zona delimitada entre estas rúas e a Avenida de Vilalba para mellorar o abastecemento a toda a zona.
Proponse ademais a substitución do tramo de canalización de fibrocemento que conecta actualmente a Avenida Bos Aires coa rede xeral cun novo crece executado con tubaxe de PE 90 mm reforzada con formigón. Tamén se realizará o subministro ás vivendas sociais da Rúa Viñas da Veiga a través dunha válvula redutora de presión para evitar as avarías producidas polo aumento da presión da rede ao conectarse ao depósito de Supena e faranse as conexión de acometidas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive