22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro estará presente na concentración de Xermade deste sábado reivindicando o arranxo da estrada Momán-Cabreiros

20-04-17

O Concello de Viveiro estará presente, cun membro do goberno, na concentración que terá lugar o vindeiro sábado, 22 de abril, ás 12:30 horas, diante da casa consistorial de Xermade. Esta concentración, convocada polo Concello de Xermade, vén motivada polo estado da estrada LU-170, Viveiro-Betanzos, ao seu paso por ese concello.

Segundo información facilitada polo Concello de Xermade, o 7 de xaneiro de 2010, dende a Xunta de Galicia adiantouse o arranxo da estrada que une Viveiro-Betanzos, LU170, no tramo que pasa por ese concello, entre a parroquia de Cabreiros a Momán. No Decreto 18/2011, de data 21 de febreiro, a Xunta de Galicia anunciou o seu arranxo inminente. Nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2017 non figura tampouco o arranxo desta estrada, que cada vez se atopa en peor estado, poñendo en risco a seguridade vial.

O Concello de Viveiro apoirá esta concentración entendendo que o arranxo deste vial supón un beneficio para todos, sendo lugar de paso dos veciños e veciñas deste municipio nos seus desprazamentos por esta estrada á Coruña, Santiago, etc.

Finalmente, lémbrase que a concentración terá lugar ás 12:30 horas, diante da casa do concello de Xermade, animando a todos aqueles que o desexen a sumarse a esta concentración.

A alcaldesa,
María Loureiro García

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive