19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GMP de Burela afirma que “o alcalde non se entera dos problemas que hai coa recollida de lixo”

11-04-17

Burela, a 11 de abril de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela manifestou hoxe que “despois de ver cómo o alcalde di que o servicio de recollida de lixo e limpeza viaria funciona ‘moi ben’, temos que afirmar que o alcalde non se entera de nada do que está pasando cos problemas na recollida de lixo e limpeza viaria nestes primeiros días coa nova empresa adxudicataria do servicio.

Hai unha semana que alertamos dos problemas existentes e hoxe reiteramos que segue a haber problemas e esto está afectando directamente ós cidadáns”.

Desde o GMP afirman “que os problemas son de diversa índole. Ademáis dos que xa indicamos na nota de prensa da semana pasada, durante toda a semana pasada temos detectado papeleras a rebosar e sen recoller en varios puntos, por exemplo na zona do Paseo Marítimo de Portelo; restos abundantes de cabichas no mesmo Paseo Marítimo; restos de enseres domésticos sen recoller en varios puntos, por exemplo en Pardo Bazán. O venres volveu a facerse a recollida de lixo en horario de mediodía e primeira hora da tarde. Queda cartón sen recoller porque a carroceta coa que se fai o servicio é mui pequena. O punto limpo non está debidamente atendido. Hai un traballador de menos ca antes… Se esto non son problemas, que nos explique o aldalde a qué lle chama él problemas”.

Os edís populares agardan que estes problemas se solventen con rapidez: “o alcalde debe tomar medidas; en vez de poñerse estupendo coa nova empresa e decirnos que todo vai ‘de maravilla’, debería tentar non creerse as súas propias ilusións, recoñecer con obxectividade que o servicio non está funcionando axeitadamente e poñerse a organizar o servicio el mesmo, xa que o primeiro tenente de alcalde está máis interesado noutras cousas e pasa do asunto. Reiteramos que antes e agora o servicio pasa por recoller o lixo e manter a vila o máis limpa posible, coa menor indidencia sobre os cidadáns”.

Finalmente, desde o GMP entenden que “dado que o propio pliego de condicións para a adxudicación do servicio indica que as facturas mensuáis se pagarán en función do grao de cumplimento do servicio, entendemos que desde o goberno municipal se facerá un estricto cumplimento do mesmo de forma obxectiva, para non perxudicar os intereses de todos os veciños”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive