24 de Abril de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Olga Osorio presenta o seu cinema en Foz

20-04-17

Foz 20-4-17. O venres 21 ás 20:30 o salón de actos CENIMA de Foz acolle a última das conferencias das Xornadas “Sentirmos a Arte”, organizadas a asociación cultural “A Pomba do Arco” no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, na que participará a fotografa e cineasta Olga Osorio Iglesias.
Olga Osorio Iglesias, aínda que natural de Lugo está vinculada persoal e familiarmente á Mariña, e moi particularmente a San Acisclo do Valadouro de onde procede a súa familia materna. Licenciada en Ciencias da Comunicación e Doutora en Humanidades, destacou como fotografa, onde recibiu premios como o “Cidade de Lugo” ou do “CEF” de Vigo, centrandose posteriormente na súa labor como directora cinematográfica. Dirixiu, produciu ou foi guinista de curtas como “Garden’s Road”, “reStart”, “Buscando a Superfama” ou “Einstein Rosen”, que lle valeron premios nacionais como o “Mestre Mateo” á mellor dirección ou internacionais como do “Festival de Sitges”, de Montreal ou de Miami.
A directora Olga Osorio, cun palestra titulada “O noso audiovisual”, achegaranos a súa visión sobre a actividade cinematográfica en Galiza e de xeito moi particular sobre a súa obra, presentando a súa última curtametraxe Einstein-Rosen, que recibiu o premio á mellor curta dos “Mestre Mateo” deste ano e foi tamén galardoada en festivas internacionais como o Boston SciFi Filme Festival ou no CineGlobe, o festival de cinema e ciencia do CERN en Suiza. A curtametraxe, rodada no Barrio das Flores da Coruña ambiéntase no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns, o máis pequeno dos cale atopa un buraco de verme. Após do visionado desta obra e da palestra abrirase unha quenda de debate co público.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive