22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os plantíos de eucalipto a debate este venres en Viveiro

20-04-17

A normativa dos plantíos de eucalipto a debate Segunda publicidadeViveiro 20-4-17.Este venres 21 de abril, o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza un debate arredor do novo decreto do eucalipto que regulará os plantíos desta árbore e que está a provocar reaccións entre os propietarios de montes, concellos e organización ecoloxistas.

PENSAMENTO E SEMENTEIRA convidou para participar neste debate ao presidente da Asociación de Produtores de Madeira (PROMAGAL), Ramón Reimunde Noreña e á Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Adela Figueroa Panisse. O moderador deste acto público que se desenvolverá o vindeiro venres 21 de abril, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior, será o xornalista Xavier R. Lombardero.

O acto, que dará comezo ás 20:30 horas, é aberto até completar o aforo da sala. O colectivo viveirés, que xa ten convocado outros debates arredor de temas de interese xeral, convida a asistir á toda a veciñanza e moi especialmente ás directivas das comunidades de montes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive