22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Outro adefesio en Foz?

16-04-17

Pedro CaldeiraDespois do parón urbanístico destes últimos anos, parecía que as burradas de mamotretos e construccions faraónicas xa acabaran . Gran erro. Siguen.
Aí está a nova nave que están construindo para o clube Kayak en Foz.

Tiraron a nave vella, que podían ter rehabilitado e que para iso lles dera unha subvención a Deputación. As preguntas xurden de inmediato ¿ É necesaria esa altura ? Non chegaba con dúas naves con 300 m2 para media ducia de piraguas, poucas máis, e unhos poucos piragüistas. Non rompe brutalmente a estética daquela área e non é unha aberración paisaxística e urbanística, na primeira liña da ría? Non vai seguir enchendo de feismo o pobo de Foz, xa moi deteriorado? Non é un “ caixón” feo e horrible o carón da ría. “ Unha artistada” que diría un amigo.

Quen está detrás desta promoción ? Algun carguiño local do PP con boa sintonía cos de Portos en Lugo e Santiago? Coido que noutros tempos, Portos non tería autorizado ese edificio ou millor dito ese mamotreto.

E de supoñer que ten todos os permisos e autorizacións pertinentes de Costas e Portos . Chama a atención que a xente con fincas colindantes con Costas, lles esixan unhas condicións rigurosas para poñer unha simple carpa por unhas horas, e despois autoricen algo permanente e tan feo coma isto. Seguimos construindo feismo, e logo queremos vender turismo e paisaxe. Cómo? Que alguén mo explique?

Os exemplos das obras de Portos en Foz non brilan, precisamente, pola súa racionalidade e intelixencia: Aí está a Rula metida na saída/ entrada do Porto, a fábrica do xeo para dous días que funcionou e agora arruinada, ou a escolleira na marxe de Barreiros que foi o pior que se lles podía ocurrir os dirixentes de Portos. E agora qué? Aí está a area que mete na ría e o colmatado do canal de entrada o porto…. Seguirán permitindo adefesios no porto de Foz? Parece que sí, e aí tedes ese “caixón” do clube Kayak.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive