Burela, 24 de maio de 2017. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, do Concello burelés, acompañaron onte pola tarde aos usuarios da Asociación Camiña a visitar Viveros Cabaleiro, en Lourenzá.
Segundo explican “os usuarios pasearon polos distintos invernadoiros e polos xardíns ao aire libre, observando multitude de especies tanto de plantas como de árbores (froiteiras e de xardín) recalcando a importancia de venta de palmeiras, que alí mesmo cultivan e exportan ao exterior. Durante a visita acompañounos persoal que, ademais de explicarnos moitas cousas que descoñecíamos (tipo de terra que se utiliza para determinadas especies, tipo de abono, coidados necesarios, rego, etc ), agasallaron á asociación con plantas e cunha palmeira”.
A asociación Camiña e as monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Delegación de Medio Ambiente que dirixe Noelia Mª Ben, están moi agradecidas pola atención, amabilidade e o trato recibido.
A concelleira burelesa subliñou que “a través destas iniciativas intentamos concienciar sobre a importancia da agricultura, o uso dos invernadoiros así como o coidado e respecto polo medio ambiente”.