20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG pide a reactivación da eurorexión con poderes eficaces e vinculantes.

16-05-17

Compostela 16-5-17. Juan Carlos Piñeiro, Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia, fixo unhas declaracións nas que explicou a postura de Compromiso sobre o camiño de traballo que debera seguir Galicia e o Norte de Portugal. “Logo da desactivación de competencias da Comunidade de Traballo Norte de Portugal-Galicia por parte dos socialistas dende o goberno de Touriño, o PP non se preocupou de artellar medidas de corrección desta, tan nefasta, decisión dos socialistas galegos. Perdendo deste xeito unha singularidade estratéxica do noso País e de Portugal”.

“O propio discurso do Presidente Galego parece obviar que temos máis fronteira que a próxima ao océano, obviando realidades de colaboración e sinerxías de toda a raia. Perdendo oportunidades de colaboración que xeren riqueza e crecemento”.

O galeguista sinalou cal cre que son as frontes onde se debe traballar nunha fase inicial, “Non podemos nuclear as propostas soamente en transporte, que tamén é necesario. Pero Compromiso por Galicia propón a aplicación de sinerxías que xeren investimento e avancen nun marco laboral común co fin de marcar as regras. Sabemos que Portugal aposta por este camiño non entendemos que PSOE e PP defendan a perda de sentido do que compartimos. Na época de Fraga esta era a eurorrexión máis vangardista, hoxe está lonxe, por exemplo, da de Pirineos-Mediterráneo”.

Para rematar Piñeiro sentenciou , “aproveitemos a potencia do País, aproveitemos a cultura compartida, a lingua, poñamos pasos para medrar. Apostemos por construír Europa, nestes tempos tan necesario”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive