Reunión mantida o venres, 19 de maio 2017.
Decisións adoptadas.
1.- Recollida de firmas.
O luns 22 de maio, pola tarde, recolleranse as firmas dos locais comerciais de Burela.
2.- Bufete de Avogados.
O luns 22 de maio, contaremos co asesoramento xurídico dun bufete de avogados especializados en urbanismo.
3.- Entrega de firmas.
O martes, 23 de maio, ás 13.30 entrega de firmas no Rexistro do Concello.
(Chamamento aos medios de comunicación para que acudan a este acto)
4.- Recollida de firmas.
Continuarase, igualmente a partir do martes, 23 de maio, coa recollida de firmas nos locais comerciais.