18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Foz, plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que pinten pasos de peóns que practicamente non son visibles, solucionen os problemas de entrada de augas nunha finca en Nois e se sinalice máis e mellor a basílica de San Martiño

16-05-17

Foz a 10 de Maio de 2017. O pasado 4 de Maio celebrouse o pleno do mes de abril, e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.

Os rogos foron os seguintes:

1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a repasar e pintar xa os pasos de peóns, xa que nalgúns casos, practicamente non son visibles (exemplo o que cruza dende o banco Santander cara o Mercadona)
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a arranxar os problemas de entrada de auga nunha finca de Demoroy en Nois, dende que se reparou un camiño público que pasa pegado a esta finca teñen estes problemas cando antes non sucedía, así como á colocación duns tubos na entrada do camiño.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno sinalicen máis e mellor a basílica de San Martiño xa que moitos visitantes teñen dificultades para dar con ela.

Preguntas mes de xuño.

1.Si se están controlando as instalacións de numerosas casetas en distintas fincas e zoas do noso Concello, así como si se controlan ou se van controlar a colocación cara ó verán de casetas ou “chiringuitos” de uso de hostalería en fincas particulares.
Resposta: Está actuando a axencia de desenrolo urbanístico e denunciando todas aquelas ilegalidades.
2.Fai aproximadamente un ano, ou ano e pico dende a nosa formación solicitábamos mediante moción en Pleno que se corrixiran unha serie de deficiencias na Aula da Natureza. ¿Queríamos saber do que solicitábamos que foi o que se levou a cabo?.
Resposta: Recoñece o Equipo de Goberno que non realizou nada do pedido.
3.Fai dous meses dende a nosa formación instábamos ó equipo de Goberno mediante moción a solucionar os problemas de tráfico da Rúa do Calvario mesmo por encima do Mercadona, ¿Queremos saber si xa se emitiu o informe da Policía Local que solicitábamos para saber cal era a mellor solución para dar fluidez ó tráfico nesta rúa?

Resposta: Non teñen constancia de momento de que fora realizado, pero teñen orden de facelo.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive