20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Mondoñedo conmemora o Día Das Letras Galegas coa lectura dun manifesto para recordar a relación entre Casares e Cunqueiro

16-05-17

Mondoñedo, 16 de maio de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, será a encargada de darlle lectura mañá a un manifesto no que se recorda a relación entre o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Carlos Casares, e o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.

O Goberno local do Concello de Mondoñedo quere con este acto renderlle unha homenaxe a ambos os dous autores no Día das Letras Galegas. Con este obxectivo, a Biblioteca Pública Municipal abrirá en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, momento no que a alcaldesa dará lectura ao manifesto.

Así, a rexedora aproveitará este acto para recordar a relación que uniu a ambos os autores, así como as numerosas veces que Casares escribiu sobre Cunqueiro, cuxas obras prologou en varias ocasións.

O Concello de Mondoñedo aproveita este acto tamén para sortear varios lotes de libros de Carlos Casares, polo que convidan a todos os veciños e veciñas, así como ás asociacións locais a participar no evento.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive