18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GMP de Burela reitera que “mes e medio despóis, seguen os problemas na recollida de lixo”

16-05-17

IMG-20170515-WA0017Burela, a 16 de maio de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela reiterou hoxe que “mes e medio despóis de ter cambiado de empresa concesionaria, os problemas de recollida do lixo e da limpeza viaria que vimos denunciando seguen producíndose, ante a pasividade do aldalde e dos concelleiros de obras e medio ambiente, que non son quen de organizar o servicio con xeito e rematar dunha vez coa serie de despropósitos que se están a dar. En definitiva, non se está a cumplir co prego de condicións que rexeu a concesión do servicio, e tampouco se está a supervisar o seu cumplimento”.

Os edís populares manifestan que “a recollida de lixo estase a facer cun único camión, cando se dixo que se realizaría con dous (un dos camións leva na nave desde primeiros de abril…); non hai horario fixo para a recollida de lixo, uns días faise de noite, outros pola tarde,…; a barredora segue averiada, e trouxeron outra que semella ser de ‘playmóvil’ que non resolve ningún problema; a recollida de papel/cartón e enseres estase a facer cunha furgoneta ‘de chatarreiro’ que retrasa considerablemente o traballo; as rúas do centro seguen barréndose pola tarde, en contra do que se viña facendo durante moitos anos; non se incrementou ningún posto de traballo, cando o alcalde dixera que aumentaría a plantilla; os contenedores soterrados da rúa do Río levan fóra de servicio desde principios de abril, porque o camión que fai a recollida de lixo non está preparado para descargalos…; etc., etc.”

O GMP considera que “esta realidade dista moitísimo da situación idílica que nos prometeu o alcalde, e polo tanto tén que ser o alcalde, xunto cos concelleiros de obras e medio ambiente, quen, dunha vez por todas, supervise o servicio e faiga que se cumpla co prego de condicións e se leve a cabo o servicio con absoluta normalidade. Se o alcalde e os concelleiros teñen que andar unha semana día e noite examinando o cumplimento do servicio, que anden, que para eso están. E se o alcalde nos vai decir que xa se cambiaron contenedores ou que esto vai ‘de maravilla’, aforra decir nada, porque os problemas que denunciamos hai unhas semanas seguen dándose. Confiamos en que non se pague nin un euro dos nosos impostos que non se corresponda con traballo non realizado.E si non dan arreglado este desaguisado, mellor que se vaian para as súas casas pola súa máis que demostrada incompetencia”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive