20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

SEMPRE GRANDE CARLOS CASARES

16-05-17

Rhodéa BlasónDada a proximidade da conmemoración do Día das Letras Galegas non poido nin quero deixar de falar nesta columna da persoa a quen se homenaxea este ano, Carlos Casares, de quen por todos é ben coñecida a súa traxectoria literaria e a súa vinculación coa literatura galega, truncada demasiado axiña por unha morte prematura.

De Carlos Casares pódense dicir moitas cousas: era un gran escritor, naide o duda, do que a mín persoalmente gústame a súa delicada e sublime poesía e o seu rigor á horaq de realizar traduccións de obras doutros autores ó galego, interesándose primeiro por aquello que quería expresar o escritor a traducir e logo buscando a palabra exacta e pulcra no noso idioma nai. Pódense seguir enumerando as súas amplías virtudes literarias coas que poderíamor disfrutar na actualidade de continuar o autor con vida hoxe.

Pero eu vou falar do Carlos Casares compañeiro e amigo. Traballamos xuntos no diario La Voz de Galicia durante anos e ó transcribir cada un dos seus artigos era como descubrir un preciado tesouro que sempre levaba implícito un mensaxe moral, social ou crítico co que o autor agasaxaba ó lector. Era persoa de carácter afable e rica conversa que facía sentir ós demáis sempre protagonistas do momento, sempre sonrinte e atento a escoitar as opinións dos compañeiros e de axudar naqueles momentos duros do periodismo no que os especiais saían publicados cun número incrementado de páxinas inimaxinable na actualidade. Sempre podías contar con él para escribir un artigo sobre os maravillosos lugares de Galicia, a nosa gastronomía, a nosa cultura, … E facíao con amor. Amor polas palabras que empleaba nos seus textos, polas letras que comformaban lecturas únicas e polo apoio incondicional ós compañeiros que con él traballábamos. Nunca nos negaba a súa colaboración. A súa pequena estatura non tiña nada que ver co seu grande corazón e o seu elevado sentido do compromiso e respeto para quenes con él viviamos o periodismo.

Sempre grande Carlos Casares. Sempre coa cúltura galega!!!

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive