27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, coñeceu hoxe en Cervo o resultado dos traballos realizados ao abeiro das ordes de axudas deste departamento

12-06-17

20170612RuedaCervo2Cervo (Lugo), 12 de xuño de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe Cervo, onde coñeceu de primeira man o resultado dos investimentos realizados no concello ao abeiro das ordes de axudas convocadas por este departamento autonómico.

Na visita, na que estivo acompañado polo alcalde, Alfonso Villares, destacou a importancia de seguir impulsando a colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos galegos, que permite desenvolver actuacións útiles e que inciden directamente no benestar da veciñanza.

En concreto, ao abeiro das convocatorias de Vicepresidencia, o concello de Cervo puido adquirir o ano pasado unha furgoneta, realizar obras de saneamento e pavimentar o acceso ao futuro pavillón. En total, o conxunto das actuacións supuxo un investimento próximo aos 63.000 euros.

Estes traballos realizáronse grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, dotado con preto de 9 millóns de euros (6,6 millóns de concorrencia competitiva e 2,4 de non competitiva), que permitiu que uns 150 concellos se beneficien das explotacións eólicas a través do canon eólico; e á orde de Infraestruturas que, cun orzamento de 2 millóns de euros, facilita que as entidades locais executen actuacións que serían moi difíciles de acometer en solitario.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive