21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco” organiza o Sábado 24 de Xuño un roteiro polo “Patrimonio de de Cangas”

07-06-17

Foz 7-6-17.A Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco” organiza o Sábado 24 de Xuño un roteiro polo “Patrimonio de de Cangas”, seguindo como fío condutor da visita a historia, a etnografía, o patrimonio artístico e os espazos naturais de valor ecolóxico e paisaxístico. A actividade estará guiada Martín Fernández Vizoso, grade coñecedor da historia de Cangas.

O percorrido polo “Patrimonio de Cangas ” vai comprender a visita, entre outros lugares á Bahía de San Pedro, Castro de Cangas, Os Castelos, Porto Baleiro de Cal da Vella, Cova dos Mouros, Casa de Canel, Capelas de Abelairas, Portela e Ribela, ou O Lagar.

As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas para a visita, que se realizara en horario de tarde, é limitado polo que pregamos que aquelas persoas interesadas se anoten antes do Xoves 22.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive